Seremos capaces de identificar máis de 100 ideas para mellorar o futuro da nosa provincia?
Desafiamos á veciñanza de Ourense a que demostren que o vindeiro mércores 15 de febreiro consiguen recoller polo menos un centenar de oportunidades de negocio que se poderían poñer en marcha no noso territorio. Polo tanto, trátase dun challenge comunitario de xeración de ideas de negocio.
En que consiste?
Guiarémosvos a través dun itinerario no que pasaredes polas seguintes fases:
- Escolleredes unhas das temáticas nas que podedes traballar. Entre outras, as seguintes:
- A chegada do AVE
- O turismo sostible
- A fronteira con Portugal
- Os nosos maiores
- As novas tecnoloxías
- O futuro do comercio local
- A loita contra os incendios
- Partindo de novas da prensa local, nacional e internacional, identificaredes que necesidades reais teñen os clientes e usuarios da temática escollida, así como cales son os recursos que temos desaproveitados.
- A través de diferentes preguntas iremos axudándovos a que vaiades identificando posibles solucións para os desafíos detectados nos pasos anteriores.
- Explicarémosvos cun pequeno vídeo os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), para que podades decirnos cales se traballan en cada unha das vosas propostas.
- Por último, pedirémosvos que nos expliquedes moi rápidamente as ideas que fostes desenvolvendo, para recollelas todas nunha pequena base de datos.
Quen pode participar?
Pódese facer de xeito individual ou en grupo, como prefiras. Está especialmente pensado para centros educativos, pero tamén poden participar asociacións, empresas, grupos de colegas, etc. Todos estades convidados.
Onde sería?
Tedes dous xeitos de achegar as vosas ideas:
- Presencialmente na sede da CEO (Prazas das Damas 1, Ourense)
- De xeito online a través do teu móbil, tablet ou ordenador.
Canto dura?
Poderase participar o 15 de febreiro entre as 9 da mañá e as 8 da tarde, no horario que mellor che conveña. A cada persoa ou grupo levarálle como moito 60 minutos achegar as súas ideas, pero pode ser moito máis rápido naqueles casos onde xa se teña algunha idea previamente.
Está permitido participar máis dunha vez, incluso nas dúas modalidades, presencial e online, xa que posiblemente vos xurdan novas ideas tempo despois de participar por primeira vez.
Cómo se fai a inscrición?
Podes apuntarte de xeito individual ou en grupo nos seguintes botóns. Os equipos poden ser de ata 40 participantes, escollendo neste caso o horario que mellor vos conveña participar, para evitar aglomeracións.
Que metodoloxías empregaremos neste reto?
A actividade está baseada nos seguintes principios:
- Empregaranse conceptos de Lean Startup e Design Thining: pártese da empatía cos clientes e usuarios de cada unha das temáticas propostas, para logo xerar ideas que solucionen as necesidades e oportunidades detectadas.
- Traballarase en equipos, promovendo a co-creación.
- Promóvese o pensamento creativo, fóra da caixa, xa que, como di o científico Linus Pauling, “a mellor forma de ter boas ideas, é ter moitas ideas”.
- Susténtase na metodoloxía aprendizaxe-servizo e no aprender facendo, de xeito que se desenvolven novas solucións de xeito práctico, buscando ser de utilidade para a sociedade.
- Crearase un ambiente lúdico, apostando polo contigo visual.
- Impulsarase que as ideas xeradas estén vencelladas aos ODS, actuando dende o eido local para axudar a resolver os grandes retos globais.
Cal é o obxectivo desta actividade?
Con este reto a CEO aposta por identificar e atraer o talento da mocidade así como fomentar, de forma inclusiva e interxeracional, o impulso de novas iniciativas e proxectos que promovan un desenvolvemento sostible da nosa provincia. Tamén se buscar servir como inspiración para aquelas persoas con inquedanza emprendedora, de xeito que podan ter unha recompilación de ideas de negocio para desenvolver negocios sostibles sustentados na economía social.
Apúntate ao desafío!
Xúntate a nós o 15 de febreiro!!
Demostremos o que valemos.
Inscricións abertas nas seguintes ligazóns:
Obxectivo: recoller máis de 100 oportunidades para a provincia
¡En menos de 8 horas!
15 de Febreiro
Presencial ou Online
Individual ou en grupo (clase, asociación, colegas, empresa…)