Tes un proxecto que queres mellorar?

Esta formación pode axudarche a melloralo, ben se xa está en marcha, a punto de iniciar ou só na túa cabeza

Escolle os contidos que máis che interesan entre as 20 opcións dispoñibles

[CURSO ONLINE] Transforma a túa idea de negocio en máis beneficiosa, social e sostible (40 horas)

Máis que un curso, presentámosche un PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN DE IDEAS DE NEGOCIO. No mesmo búscase que podas mellorar o teu proxecto independentemente da fase na que éste se atope: recén pensado, xa madurado ou cunha empresa xa en funcionamento. Ofrecemos un total de 20 actividades, todas elas prácticas, coas que poderás explorar aquelas áreas nas que vexas que necesitas facerte máis forte.

En Liña

Podes facelo ao teu ritmo e dende onde queiras. É dicir, podes escoller o lugar, o horario e ata o dispositivo dende onde queiras conectarte (está deseñado para facelo dende móbil ou tableta, así como dende ordenador).

Gratuito

A inscrición é totalmente gratuita, xa que o curso está cofinanciado ao 100% pola Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo.

Adaptable

Poderás escoller os contidos que máis se adapten ás túas necesidades particulares entre 20 temáticas que che farán pensar para que podas descubrir posibles melloras no teu proxecto.

Contidos desta formación

Como ves, este programa formativo podes montalo á túa medida, elixindo dende onde queres facelo, os momentos nos que te conectas e ata que contidos necesitas, escollendo aqueles que máis contribúen ao fortalecemento da túa iniciativa. A túa disposición terás un total de 20 actividades ou temáticas, onde cada unha delas se centra nun aspecto do día a día dos negocios. Todas elas están tratadas dun xeito práctico, a través de explicacións sinxelas e vídeos curtos, podendo incluir preguntas simples que che axudarán a analizar sobre como abordas ese aspecto no teu proxecto particular.

As 20 actividades agrúpanse en 5 bloques, ademáis doutro inicial para axudarvos a comprender cómo funciona a formación:

  • Bloque 0 – Antes de comezar
  • Bloque 1 – Define o teu proxecto
  • Bloque 2 – Adapta ás necesidades da túa clientela o que lle estás a ofrecer
  • Bloque 3 – Mellora a túa estratexia de comunicación
  • Bloque 4 – Ferramentas dixitais para un día a día máis cómodo
  • Bloque 5 – Conceptos económicos chave

Cómo acceder aos materiais?

Para poder facer o curso é necesario inscribirse. Unhas horas despois de facelo recibirás un correo electrónico co seguinte:

  1. Instruccións para facer a formación
  2. Requisitos para recibir o Certificado de Asistencia
  3. Fechas importantes a tener en cuenta
  4. Link á Aula Virtual: aquí é onde poderás ir escollendo cal é a seguinte actividade que queres cursar, escollendo entre as 20 actividades dispoñibles.
  5. Contrasinal para acceder a cada unha das actividades (é a mesma para todas)

Para acceder á Aula Vitual podes empregar o teu móbil, unha tableta ou o teu ordenador. Recomendamos que esteas nun espacio con pouco barullo e/ou que empregues auriculares para escoitar os vídeos.

Prazos e Certificado de Asistencia

A formación estará dispoñible ata finais de outubro de 2023, pero se queres contar cun Certificado de Asistencia á formación por valor de 40 horas, terás que completar polo menos 10 actividades antes do 17 de outubro de 2023.

Inscrición

Aínda non te inscribiches no curso? Faino a través do formulario no que poderás inscribirte a calquera das dúas formacións (ou ás dúas, se queres) que temos abertas neste momento no Laboratorio de Iniciativas Sostibles.