Finalidade

O novo escenario no que vivimos supón un profundo cambio a nivel social. É por este motivo que necesitamos comunicar máis e mellor ca nunca. Adicamos esta ITV a traballar este aspecto concreto cunha metodoloxía innovadora na que aprendemos facendo.
Esta actividade estará composta por unha única acción formativa en forma de desafío que invitará a reflexionar as persoas participantes e a detectar oportunidades de mellora na comunicación nas súas entidades.

Desenvolverase ao longo dunha semana, cunha duración de 8 horas, o que permitirá ás persoas participantes compatibilizar o seu día a día coa formación e a reflexión.

Obxectivo

A Xeración de actuacións que supoñan unha reacción dun modo proactivo aos problemas xerados pola pandemia con accións concretas e prácticas que axuden ás entidades a saír fortalecidas da situación actual.

Contido e plan de traballo

O desafío desenvolverase ao longo dunha semana de luns a venres cun total de dedicación de 8 horas (aproximadamente 1,5 horas por día)
Ao longo da semana as persoas participantes formaranse en Comunicación e adquirirán competencias de forma activa. A primeira sesión será de contextualización e posteriormente recibirán retos diarios que deberán ir resolvendo e a través dos cales serán axentes activos do seu propio proceso de aprendizaxe. Finalizará o desafío cunha sesión de posta en común e reforzo dos aprendizaxes máis significativos.

Metodoloxía

Utilizaremos unha linguaxe inclusiva ao longo desta actividade. A metodoloxía utilizada será activa-participativa e conversacional, dende o modelo aprender facendo a través da Gamificación, a aprendizaxe cooperativa e a mentalidade de crecemento. A base teórica das accións sustentaranse na Neurociencia, a Innovación social, tecnoloxías punteiras e a sustentabilidade financeira.

A maior parte da actividade desenvolverase de forma virtual polo que empregaremos todo tipo de aplicacións e poremos a disposición dos e das participantes os recursos técnicos e audiovisuais máis innovadores.