Gustaríache estar máis cómodo cando tés que falar diante doutra xente?
Descubre algunhas das chaves para ter máis seguridade en ti mesmo/a e para chegar mellor á túa audienca
2 sesións en grupo (presenciais) máis 1 titoría individual (online)
[CURSO PRESENCIAL] Mellora como falar en público (6 horas)
Presencial
Na sede da Confederación Empresarial de Ourense (Praza das Damas, 1, Ourense) o martes 26 e mércores 27 de setembro, en horario de 16:00 a 19:00.
Gratuito
A inscrición é totalmente gratuita, xa que o curso está cofinanciado ao 100% pola Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo.
Mentoría individual
O alumnado que asista ás dúas sesións presenciais terá a súa disposición a posibilidade de participar (opcionalmente) nunha mentoría individualizada a través de videochamada, onde se tratarán as súas inquedanzas particulares.
Certificado de Asistencia
As persoas que asistan ás dúas sesións (máis do 80% do horario total) contarán cun Certificado de Asistencia á formación de 6 horas.
Inscrición
Hai un máximo de 15 prazas dispoñibles, que se asigarán por rigoroso orde de inscrición.
Aínda non te inscribiches no curso? Faino a través do formulario no que poderás inscribirte a calquera das dúas formacións (ou ás dúas, se queres) que temos abertas neste momento no Laboratorio de Iniciativas Sostibles.