Actividades de setembro e outubro de 2023


O Laboratorio de Iniciativas Sostibles xorde como unha aposta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) por fomentar a competitividade do tecido socioeconómico da provincia de Ourense, promocionar o impulso do cooperativismo e a economía social no ano 2023. Factores como a chegada do AVE, os fondos Next Generation ou o desenvolvemento de sectores punteiros na provincia, propiciaron a creación deste laboratorio de ideas e iniciativas, co fin de aproveitar estas oportunidades para a innovación, a experimentación, investigación e colaboración entre entidades e empresas.

Este Laboratorio busca fomentar e favorecer, de forma inclusiva e interxeracional, o impulso de novas iniciativas e proxectos que camiñen cara a un desenvolvemento sostible da nosa provincia. Con este fin, o Laboratorio ofrecerá asesoramento, asistencia técnica e actividades formativas e informativas, para que as empresas, os e as emprendedores, os e as novas, e a cidadanía en xeral poidan aproveitar estas novas oportunidades.